martes, 28 de noviembre de 2017

Atopar unha agulla nun palleiro


Atopar unha agulla nun palleiro


A cantidade información que circula actualmente por internet medra exponencialmente segundo a segundo. A diario somos bombardeados con multitude de datos entre os que non é doado atopar o que realmente non interesa.  


Preguntámonos entón si vivimos na sociedade da información, da desinformación ou da infoxicación

Para atopar esa agulla que buscamos no palleiro de internet temos que poñer en práctica o que se coñece como curación de contidos consistente na búsqueda, localización, selección, modificación e distribución de contidos de internet.


Para iso debemos seguir o principio das 4 eses da curación de contidos:
Search (Buscar), Selection (Seleccionar), Sense making (Personalizar), Share (Compartir), tal e como nos resume na seguinte infografía Silvia Palomino.


Actualmente existen multitude de ferramentas https://goo.gl/uBqpei para realizar unha boa curación de contidos de cara o noso traballo nas aulas. Son ferramentas de gran axuda para atopar todas as nosas agullas no palleiro de internet.